Dende hoxe Valencia leva o número 11 mundial, en canto a rapidez en circuítos de medios maratóns e maratóns se refire. Tal condición outorgoulla o resultado da 19 edición do medio maratón celebrada este domingo, e o culpable foi o vencedor keniano Geoffrey Mutai que invertiu un tempo de 59’:30´´, cunha vantaxe de 3´´ sobre o seu compatriota Wilson Kipsang Kiprotich, 59¨:33. Terceiro quedaría o etíope Shumí Elicha con 1:00:43”.
E dende hoxe para Yolanda Guitérerrez o circuíto desta Media Maratón , non resultará indiferente. Porque como se anunciaba alí estivo e correu desafíando un crono e unha distancia. Cando finalizou a distancia os números marcaron 1:18´:31”.Os números eran un tempo que significaba marca persoal, e que lle valeu para acadar o 2º posto na clasificación xeral feminina por detrás da keniana Beatrice Jepchumba cun tempo de 1:15´:31” e por diante de Carme Sala que invertiría 1:23´:12”.
E hoxe o Comesaña Sporting Club dende esta páxina fai chegar a súa felicitación a Yolanda polos resultados obtidos, e que novos desafíos lle deparen moitas e moitas máis satisfaccións.