Na tarde do sábado 20 celebrouse en Bilbao a “Reunión Internacional Villa de Bilbao”. Dúas atletas do Comesaña Sporting Club viaxaron até alá por competir no 1500m; Sandra Mosquera e Marta Fernández. Aínda que os obxectivos e motivos de participación eran distintos, ámbalas dúas regresaron con resultados positivos e gratificantes.
Sanndra Mosquera acadou marca persoal, e mínima para o Campionato de Europa Júnior que se disputará en Novi-Sad (Serbia) do 23 ao 26 de xullo. Parou o crono en 4`27”75, o que lle supuxo superar os 4`32”91 anteriores e afacerse cunha mínima que esixía 4`30”0. Marta Fernández realizou a súa mellor marca das dúas últimas temporadas, cun tempo de 4`32”21. Ás máis das veces a resposta a un traballo constante e ben cumprido sempre acaece por algures; desta vez foi en Bilbao porque así o quixeron estas dúas atletas movidas e ilusionadas pola confianza e as posibilidades…e porque así o estimou a súa adestradora.
Houbo máis representación de atletas galegos nesta reunión cos seguintes resultados: en el 1.500 m. l. 3ª Solange Andreia Pereira, con 4’23″31 e Gustavo Platas 13º con 3’49″20; en 3.000 m.Obst. Iván A. Pousa 12ª con 9’02″05; en 5.000 m.l. Manuel Hurtado 25º con 14’29″00; en Lanz. de Disco 4º Víctor Gallego con 49,19 m. e 8º David Corral, con 38,55 m; en lanzamento de xavelina Ángeles Filgueira foi 6ª con 40.19m
Esperamos que os resultados fosen proveitosos e que a superación continúe.
(Solange non é galega pero habita entre nos).