Asemblea Xeral Ordinaria 2025
O Presidente, de acordo ao establecido no artigo 20º dos Estatutos, convoca para o próximo día 7 de xuño (sábado) no Salón de Actos da Sociedade Veciñal Cultural e Deportiva Nautilius, sita en Sanín, 54 en San Andrés de Comesaña, á Asemblea Xeral Ordinaria do club ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda, a desenvolver de acordo á seguinte
Orde do Día:
1º.- Saúdo do Presidente a asistentes.
2º.- Lectura e aprobación, se procede, do Acta anterior.
3º.- Estado e aprobación, se procede, das contas do exercicio 2024.
4º.- Informe da Xunta Directiva.
5º.- Proposta de orzamentos para o exercicio 2025.
6º.- Novas incorporacións a Xunta Directiva.
7º.- Inclusión do club na Federación de Montañismo como nova modalidade deportiva.
8º.- Preguntas e suxestións de asistentes.
Puntos que unha vez expostos e debatidos, deberán ser aprobados ou rexeitados mediante votación de asistentes de ambos sexos socios do club e maiores de 18 anos.
Prégase a máxima asistencia por tratarse de asuntos da maior transcendencia.