Convocatorias Asembleas 2024

Asemblea Xeral Ordinaria 2024

O Presidente, de acordo ao establecido no artigo 20º dos Estatutos, convoca para o próximo día 27 de xullo (sábado) no Salón de Actos da Sociedade Veciñal Cultural e Deportiva Nautilius, sita en Sanín, 54 en San Andrés de Comesaña, á Asemblea Xeral Ordinaria do club ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda, a desenvolver de acordo á seguinte:

Orde do Día:

1º.- Saúdo do Presidente a asistentes.

2º.- Lectura e aprobación, se procede, do Acta anterior.

3º.- Estado e aprobación, se procede, das contas do exercicio 2023.

4º.- Informe da Xunta Directiva.

5º.- Proposta de orzamentos para o exercicio 2024.

6º.- Preguntas e suxestións de asistentes.

Puntos que unha vez expostos e debatidos, deberán ser aprobados ou rexeitados mediante votación de asistentes de ambos sexos socios do club e maiores de 18 anos.

Prégase a máxima asistencia por tratarse de asuntos da maior transcendencia.


Asemblea Xeral Extraordinaria 2024

A continuación, o Presidente convoca á Asemblea Xeral Extraordinaria do club ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 horas en segunda, a desenvolver de acordo á seguinte:

Orde do Día:

1º.- Inclusión do club na Federación de Montañismo como nova modalidade deportiva.

2º.- Comunicación da dimisión dun membro da Xunta Directiva.

Puntos que unha vez expostos e debatidos, deberán ser aprobados ou rexeitados mediante votación de asistentes de ambos sexos socios do club e maiores de 18 anos.

Prégase a máxima asistencia por tratarse de asuntos da maior transcendencia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.