Este sábado 14 de Xullo as pistas de Balaídos acolleron o 33º Gran Premio Cidade de Vigo de Atletismo en Pista. Despois das dúbidas e oscilacións entre a celebración e non celebración o Gran Premio foi unha realidade mellor ou peor, pero alomenos supón a continuación dunha competición de referencia dentro do calendario do atletismo galego, esperemos que os esforzos e a vontade sigan adiante para poder facer posible unha 34 edición.
O Comesaña tivo a súa representación, destacable nos 1000m. tanto masculinos como femininos. Unha e maila outra proba foron gañadas por atletas comesañenses.
Adrián Lago Tizón con 2′:39»,75 proclamouse vencedor da proba masculina, Vicente Suárez Amoeiro foi 5º cun crono de 3′:00».87 quedando 8º Alexandre Lago Tizón con 4′:01».22
No mil feminino levamos maioría representativa ´´Angela González Fernández foi primeira con 3′:00».41; terceira sería Lorena Fernández Carreira 3′: 27».98; María Pérez Boente clasificouse 5ª cun tempo de 3′:32.11 e Irene Guerra Dablanca cos seus 3′:54».33 quedou sexta.
En máis curto .Mónica Rodríguez Álvarez foi a primiera en chegar á meta na final A dos 400m.l. cun tempo de 1′:05.85.
Noraboa a estes atletas pola súa participación e que a presenza prosiga en posteriores edicións.