Foi preludio do lume e da maxia dunha noite. As 9 e cuarto pola Praza do Rei escoitouse un estoupido, foi o San Xoán, para liberar a eses centos de pernas ateigadas e acumuladas nunha liña de saída sen liña certa. E o ritual comezou, unha chea de atletas tomaron as rúas, por acadar un obxectivo: a praza do Berbés, alí outra liña na que cadaquén obtivo a súa meta, 808 foron, máis algún que non entrou na conta.
É a Carreira do San Xoán, que volveu un ano máis.
O misterio da noite trouxo meigas e trasnos que empurraron a participar a 34 atletas do Comesaña, algun deles sen licencia federativa, pero igualmente representando a este clube, pois o tipo de competición o permitía.
O enfeitizo tivo múltiples efectos: por motivar a volta á competición (José Martínez, Andrea Michéle Rosario, Alicia Pérez); por decidir unha camisola (Julia Vaquero Sousa), tamén por debutar coas cores finlandesas (Ramón Álvarez Pérez e Alberto Fernández Pérez) por retomar as sensacións de carreira por un anaco (Nuria Pérez, Pablo Rueda), por desafiar case 8 kms (Olga Romero, Milagros Gómez), por seguir mellorando (Germán Díaz), por chegar (Alberto Ayuso), por sentir un mellor resultado (Manuel Ayuso), por estar entre os vinte primeiros (Samuel Rodríguez, Antón Amoedo, Miguel Ángel Costas) polos podios masculinos e femininos, e deles inevitablemente temos que falar moi satisfactoriamente.
Obtivo o San Xoán un pleno comesañense no podio absoluto feminino: Unha , Patricia Méndez Pereira; dúas, María Soledad Castro Soliño e tres, Mª de las Mercedes Gómez Alonso. Sen máis conto Patricia correu e chegou Primiera con todos os méritos.
E cousa de meigas e trasnos deberá ser que unha carreira orgaizada por unha Delegación da FGA e controlada por seu Comité de Xuices de Atletismo, non faga unha clasificación coas categorías establecidas oficialmente, desta maneira houbo unha categoría A dende os 14 a 18 anos, B de 19 a 35, C de 36 a 45 e D de 46 e máis.
Polo que ademais de completar o podio absoluto feminino, vitoria nas categorias: AF para Sole , e a CF para Merchi, sendo segunda CF Julia Vaquero.
No podio absoluto masculino estivo Elías Domínguez Cabral (Club Corredores Vig-Bay) que completou os menos de 8.000 m en 23’37», seguido polos independentes: Akka Essaadaoui con 23’38» e Daniel Bargiela Araújo, 24’02»,
Na categoría AM, Samuel Rodriguez, estivo aí de novo no nº 1, Enrique Martínez, no 2 e Alejandro Álvarez no 3, enchendo outro podio máis de cor vermella e lixeiramente branca e negra. De terse feito as cousas como está regulamentado Enrique sería o primeiro xuvenil, asi mesmo Adrián Lago o primeiro nos cadetes… mais era noite de meigas e trasnos.
Sen remisión o Comesaña S. C. deu que falar ao San Xoán. ademáis das suculentas sardiñas e do pan gañado.
Trofeos, agasallos, xamóns e lacóns. Ben estivo, ben se cumpriu. Noraboa e que todo aproveitado viñese.
Estes foron os que luciron o nome de noso nonaxenario clube, nos seguintes postos:
De 7º Samuel Rodríguez Gómez-AM 1º – 24’50», 18ºAntón Amoedo Giménez-CM 4º- 25’59», 18º Miguel Ángel Costas Iglesias-BM 11º- 26’04», 20º Antonio Sobrado Fernández-CM 6º- 26’12», 23º e 1ª feminina Patricia Mendes Pereira-BF 1ª- 26’30», 25º Germán Díaz Alonso-CM 8º- 26’37», 26º José Andrés Fervenza Fragueiro-CM 9º- 26’44», 32º Carlos Carrera Moraña-BM 16º- 26’51», 33º Enrique Martínez Martínez-AM 2º- 26’52», 40º Manuel Ayuso Vilaboa-BM 19º- 27’30», 42º Alejandro Álvarez Costas-AM 3º- 27’31», 44º Serafín Costas Iglesias-BM 20º- 27’38», 48º José Martinez Rodríguez-BM23º- 27’44», 50º Ramón Álvarez Pérez-BM 24º- 27’49», 53º Alberto Fernández Pérez-CM 15º- 27’53», 58º e 2ª feminina Soledad Castro Soliño-DF 1ª- 27’59», 81º Yago Lago Álvarez-BM 37ª- 28’51», 86º Luis Alberto Carnero Díaz-CM 29º- 28’56», 126º e 3ª feminina Mercedes Gómez Alonso-CF-1ª- 29’56», 131º Adrián LagoTizón-AM-7º- 30’01», 137º Sechu López Pérez-DM 24º- 30’07», 165 e 6ª feminina Julia Vaquero Sousa-CF 2ª- 30’33», 184º Alberto Ayuso Vilaboa-AM 9º- 30’56», 268º Manuel Pérez González-DM 44º- 32’07», 336º e 18ª feminina Montserrat Carreira Costas-CF 7ª-33’00», 393º F 24ª Iris Soto Blanco-B19ª- 33’43», 477º F30ª Nuria Pérez Fernández -BF 12ª- 35’02», 535º F37ª Alicia Pérez Alonso-BF 16ª- 36’03», 584º F42ª Andrea Michele Rosario Faure-BF 20ª-37’16», 637º Pablo Rueda Rodríguez Vila-BM 246º- 38’32», 698º Alberto Correa Gallego-BM 268º-40’39», 707º F 64ª Olga Romero Domínguez-DF 8ª- 41’18», 739º Bruno Suárez Cruz– AM 23º- 42’43, 745º F 71ª Milagros Gómez Cagide-DF 9ª- 42’48»
Fotos de Rubén Huertas, 118 Sechu López, 103 Manuel Castro, 718 José Iglesias, detras deles Gonzalo Basconcelo e Jenny Fernández.
Na outra 132 Alicia Pérez.