Quizais porque son de silencios e pequenas cantidades pronunciar 4140 superaba a miña liña de asimilación. Van 12 edicións, eu acordo a 1ª e 3ª, e aí quedei, nesta voltei porque tiña visións oníricas; presentía as pernas correndo polo asfalto que leva de Vigo a Baiona. 4140 son moita xente, antes non eramos tantos, entón temín o desoriento á posibilidade irresoluble de dificultades, o semellar perdida entre a multitude.
Agora confésase que o temor estivo dentro, mais non fóra, nada do receado foi realidade: despois de ter chegado ao Verbum sen atrancos fun un mar de xente en ondas de vai e vén ; cadaquén na súa función: corredores, organizadores, xuíces, voluntarios, dorsais, cronos, motos de policía e non policía, bicicletas, representantes, representativos, esporádicos, sufridos acompañantes, bolsas, mochilas; un mundo multicolor rebulindo para debuxar a paisaxe de Vig-Bay.
E todo foi: o dorsal xa viña servido en Equipo; o servizo de vestiario resolveuse plastificado e en depósito, nin colas nin despropósitos e na saída situáronse as letras dispostas, amables e vixiantes para identificarnos e ubicarnos nelas. Os preámbulos resultaron mainos e vacíos de sucesos intranquilizantes. Entón ocupáronme os nervios de saída-competición, e eles amorteceron coas cantidades de xente, xente e xente. era moita e pensei pois, na grandeza dos números, dos ánimos e aplausos..
Eu pouco sei; non sei se foi soño ou esperta estaba , pero sentín as pernas batendo no asfalto, por veces o vento desafiante, outras veces a calor estremecendo o cansancio, outras o tempo rompendo intencións, tamén a impotencia de pasar ou non chegar a unha rival, sempre barallando, maldicindo ou agradecendo estar aí, intentando seguir, perseguir, acompañar, superar…E si sei que dende o meu silencio, recibín a máis gratificante chegada, máis xente e xente que te pronunciaba e animaba. Aquí expreso a sensación de irrealidade que te envolve porque a magnitude tamén supera a liña de credibilidade.
A xeneroxidade do avituallamento é cousa mencionable e os servizos e atención nada desmereceron.
Resolvo este informe apreciativo en positivo, subxectivo e contributivo en ánimos a continuar e perfeccionar o camiño andado
E en posdata, ao mellor precisaríanse servizos na saída e meta, pois creo que é de prioridade o seu uso, alomenos para os nervios de saída.
E en chamamento sería exemplar que a zona de avituallamento finalizase con recipientes de lixo completos e os espazos libres de pecado en desperdicio.
Falando en feminino, considerar a non presenza, a ausencia, a non participación, o número reducido que se agranda co tempo e convencemento. Así imaxineime que fun moitas mulleres subindo a un podium e por un anaco ausenteime, desprendinme para recibir simbolicamente o recoñecemento a todas elas.
Escribindo en Equipo, dicir que entre 4140 houbo camisetas do Comesaña, formando Equipo masculino e feminino, o labor de cadaquén lustrouse na clasificación conxunta final: segundos e primeiras respectivamente.
Estes foron postos e tempos individualizados:
11- Marcos Seijo Bujía 1: 10´ 29″
29- Carlos Carrerera Moraña. 1:14´26″
34- Antonio Sobrado Fernández.1:15´18″
41- Pablo Carrera Blanco. 1: 15´39″
52- Samuel Rodríguez Gómez. 1:16´53″
58- Javier López Domínguez. 1:17´20″
82- José Andrés Fervenza Fragueiro. 1:18´47″
99- Serafín Costas Iglesias. 1:19´40″
105- Germán Díaz Alonso. 1:19’562
115- Miguel Ángel Costas Iglesias. 1:20´29″
133- María Soledad Castro Soliño. 1:21´16″
164- Yago Lago Álvarez. 1:22’25»
182- Luís Alberto Carnero Díaz: 1:22´50″
359- Mercedes Gómez Alonso.1:27´13″
411- M. Carmen Penas Blanco. 1: 2749″
509-Francisco García Villaverde. 1:29’29»
691- Francisco Otero Amoedo. 1:32´09″
764- José Otero Otero. 1:32´58″
768- Manuel Pérez González. 1:33’02»
781- Antón Amoedo Giménez . 1:33´12″
1014- Sechu López Pérez. 1:35´45″
1257- Ramón Vilanova Souto. 1:38´39″
1333- Motserrat Carreira Fernández. 1:39´14″
1377- Victoria Fernández García. 1:39’44»
2149- Diego Alonso Otero. 1:47’20»
2633-Iris Soto Blanco. 1:52’48»
Subiron ao podio con premio de posto:
Soledad Castro (2ª Abs.1ª española, 1ª gallega, 1ª Vet. «C»)
Mercedes Gómez Alonso como 3ª Veterana «B»
Carmen Penas Blanco como 3ª Sénior
Iris Soto Blanco, como 2ª Promesa
Marcos Antonio Seijo Bujía como 3º Veterano «A»
Antonio Sobrado Fernández como 3º Veterano «B»
Samuel Rodriguez Gómez como 1º Júnior
Noraboa pois, Comesaña S. C. pola apañada colleita.
Nas fotos de Jesús Martinez os podios de equipos mais Samuel é Iris