Andaina do Centenario Comesaña Sporting Club

O domingo, 21 xuño 2015

Percorrido “andando” pola parroquia de San Andrés de Comesaña (Vigo), berce do Comesaña Sporting Club. Daranse a coñecer os lugares máis representativos da vila, onde estiveron sempre as sucesivas sedes do Club nos seus 100 anos de historia, percorrendo despois os mesmos carreiros e congostras da parroquia que foron lugares de adestramento das primeiras xeracións dos seus atletas, pasando por pequenas fragas e fervenzas, vellos muíños… e con fermosas vistas sobre Vigo e a súa Ría.

Poderemos compartir a experiencia con o gran alpinista vigués Sechu López, un home habituado a enfrontarse aos cumes de montañas de máis de 8000 metros e que nesta ocasión opta por unha experiencia máis mundana de gran carga nostálxica e simbólica.

A participación está aberta a todo o público, de balde e sen inscrición previa.

Dificultade: Media. Recoméndase calzado deportivo resistente e pantalón longo.

Punto de comezo e finalización: Local da Sociedade Veciñal Cultural e Deportiva “Nautilius” de COMESAÑA (sede actual do Comesaña S.C.), camiño de Sanín 54 

Localización: Para saber como chegar  «pincha aquí»

Inicio ás 10.00 h

Remate ás 13.00 h 

Posteriormente inauguración da “Exposición fotográfica do Centenario” no mesmo local da Sociedade Nautilius.

Para ir abrindo boca, aquí temos algunhas imaxes dos sitios que visitaremos

Cruceiro Cristo do Outeiro - Comesaña
Cruceiro Cristo do Outeiro – Comesaña

 

Muiño da Rodeira - Comesaña
Muiño da Rodeira – Comesaña

 

Fervenza das Lapas - Comesaña
Fervenza das Lapas – Comesaña

 

Mirador da Aguieira - Comesaña
Mirador da Aguieira – Comesaña

Cartel informativo

 

Cartel-Andaina-Centenario-Comesana
Cartel-Andaina-Centenario-Comesana
    Descargar aquí o cartel