O domingo, 21 xuño 2015
Percorrido “andando” pola parroquia de San Andrés de Comesaña (Vigo), berce do Comesaña Sporting Club. Daranse a coñecer os lugares máis representativos da vila, onde estiveron sempre as sucesivas sedes do Club nos seus 100 anos de historia, percorrendo despois os mesmos carreiros e congostras da parroquia que foron lugares de adestramento das primeiras xeracións dos seus atletas, pasando por pequenas fragas e fervenzas, vellos muíños… e con fermosas vistas sobre Vigo e a súa Ría.
Poderemos compartir a experiencia con o gran alpinista vigués Sechu López, un home habituado a enfrontarse aos cumes de montañas de máis de 8000 metros e que nesta ocasión opta por unha experiencia máis mundana de gran carga nostálxica e simbólica.
A participación está aberta a todo o público, de balde e sen inscrición previa.
Dificultade: Media. Recoméndase calzado deportivo resistente e pantalón longo.
Punto de comezo e finalización: Local da Sociedade Veciñal Cultural e Deportiva “Nautilius” de COMESAÑA (sede actual do Comesaña S.C.), camiño de Sanín 54
Localización: Para saber como chegar «pincha aquí»
Inicio ás 10.00 h
Remate ás 13.00 h
Posteriormente inauguración da “Exposición fotográfica do Centenario” no mesmo local da Sociedade Nautilius.
Para ir abrindo boca, aquí temos algunhas imaxes dos sitios que visitaremos
Cartel informativo
Descargar aquí o cartel