XV Cross Escolar Castro San Miguel-Trofeo Caixanova

Un ano máis celebrouse en Castrelos o domingo 24 de maio, a xornada de iniciación ao atletismo máis concorrida de Galicia: O Cross escolar Castro San Miguel -Trofeo Caixanova. As carreiras establecidas por categorías acolleron a participantes nacidos entre os anos 2007 e 1994.A nota negativa situámola nos números desproporcionados na relación inscritos- participantes; acadouse un cumprimento do 67%, as razóns deste incumprimento débense tanto a clubes coma a colexios, para desgraza do atletismo. Malia todo houbo un colexio que superou o 82%, polo que mantemos as esperanzas no futuro.
Foi Castrelos un mar de nenos pequenos e menos grandes, grandes e menos pequenos, pais e nais que quixeron disfrutar dunha xornada atlética de iniciación, continuación ou consolidación. Castrelos foi entón, un continuo balbordo de berros, ánimos, consellos, prantos e risos, que esperemos sirvan para gardar no libro dos tesouros vividos; porque correr sempre pode significar unha aventura compartida, un intento de seguir acompañando ao rival e chegar para atopar cun sorriso, abrazo (do pai, da nai…)Todos e todas coas súas medallas alegres, inquietos e expansivos, revoando de acá para alá…despois de ter cumprido a súa encomenda. Despois de ter aproveitado a oportunidade de convivir unha xornada atlética con moitos, moitos escolares máis; e mesmo animar a esforzados pais e nais que quixeron estar a pé de carreira, arrincar co pistoletazo de saída, completar a súa distancia e chegar a meta para atopar nela un abrazo, un sorriso (do fillo, filla…).
A todos a noraboa, atlética para os que levaron trofeo, azarosa para os que lles corresponderon os agasallos sorteados e deportiva a todos os que participaron ,sen máis…Que a xornada sirva para ser memoria consecutiva…e que moitos máis crosses do Castro-San Miguel sexan realidades futuras para a lembranza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.