O Comesaña Sporting Club, veteranas nacionales de «Prata»

O sábado 20 do 6 foi día veterano en equipos, porque en Ourense celebrábase o Campionato de España Veterano de Clubes. O Comesaña Sporting Club quixo estar presente, e 7 arriscadas mulleres decidiron apostar polas súas posibilidades conxuntas. E responderon ás expectativas iniciais, achegando un novo podio nacional para o club; acadaron a «prata» tras competir en probas do máis inesperado nelas: quérese decir que cadaquén tiña unha encomenda que cumprir sen incovenientes nin reparos de distancias ou especialidades individuais. Significou esta participación a oportunidade de compartir intereses comúns e a emoción de sentir como a competición ás veces repercute e vai máis alá da individualidade e serve para sumarse a un proxecto de equipo.
 O primeiro posto correspondeu ás catalanas do Club Atletismo Manresa. Os resultados das distintas probas e actuaccións foron: María Jesús Sanguos, 1º nos 200m. con 29”20(91,03%), que supuxo a marca de máis valor do total das participantes, só superada  por un home,;M. Soledad Castro, 1º nos 1500m ,con 5`09”66(83,01%); Ana María Santos, 2º nos 100m con 16”14 (75,15%; Mercedes Gómez, 3º nos 800m. con 2`32”09 (75,19%); Olga Romero, 3º en salto de lonxitude con 3,18m (59,77%); Milagros Gómez 4º en lanzamento de peso con 7,47m (42,49%); Montserrat Carreira , 5º en 400m con 1`01” 66 (69,01%). No  4x 100 participaron Montse, Merche, Ana e Chus, acadando o 2º posto con 1,01” 66.
 Noraboa a todos estes desinteresados  nomes que deron nome a un Equipo, esperemos que estas 7 magnificas volvan repetir actuación para protagonizar unha nova fazaña digna de veterana película .
Resultados:  Veteranos Club

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.