37 MEMORIAL BELARMINO ALONSO DE CAMPO A TRAVÉS

O domingo 29 de novembro, O Comesaña Sporting Club, organiza “37º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” en San Andrés de Comesaña. Esta é unha proba exclusivamente para atletas federados. Iniciada en 1978, é a competición de Campo a Través máis antiga de Galicia (sen ter en conta o Campionato galego). Nela réndese homenaxe a Belarmino Alonso, directivo do club falecido no ano 1.977. Nesta edición, as categorías Cadetes e menores formaran parte da “Fase zonal do Deporte en Idade Escolar”, clasificatoria para os Campionatos Provinciais do Programa Xogade da Xunta de Galicia.

Listaxe de Inscritos e Resultados                               

INSCRITOS

RESULTADOS

Horario das probas

Hora Categoría Ano nacemento Distan. Percorrido  (cir. = circuíto)
10:15 Xuvenil e Júnior Masculina 2.000/99 e 1.998/97 4.710 m. 3 voltas o circuíto nº 4
10:40 Xuvenil e Júnior Feminina 2.000/99 e 1.998/97 3.460 m. 1 cir. nº 4 + 1 circuíto completo
11:00 Promesa e Sénior Masculina 1.996/95/94 e 93 ou antes 8.565m. 1 cir. nº 3 + 4 circuítos completos
11:45 Promesa e Sénior Feminina 1.996/95/94 e 93 ou antes 6.227 m. 1 cir. nº 1 + 3 circuítos completos 
12:15 Cadete Masculina 2.001 e 2.002 3.460 m. 1 cir. nº 4 + 1 circuíto completo
12:35 Cadete Feminina 2.001 e 2.002 1.590 m. 1 volta ó circuíto nº 4
12:50 Infantil Masculina 2.003 e 2.004 1.590 m. 1 volta ó circuíto nº 4
13:05 Infantil Feminina 2.003 e 2.004 1.085 m. 1 volta ó circuíto nº 3
13:15 Alevín Masculina 2.005 e 2.006 1.085 m. 1 volta ó circuíto nº 3
13:25 Alevín Feminina 2.005 e 2.006 883 m. 1 volta ó circuíto nº 2
13:35 Benxamín Masculina 2.007 e 2.008 617 m. 1 volta ó circuíto nº 1
13:42 Benxamín Feminina 2.007 e 2.008 617 m. 1 volta ó circuíto nº 1
As carreiras de cadetes e menores, ao ser Fase Zonal de Vigo, axustáronse dentro do posible ás distancias aprobadas polo Deporte Galego e FGA para o programa Xogade.

O circuíto

1- Circuito 2015 Circuitos 2015

Inscricións

O ser un evento federado, farase polo sistema informático da intranet da RFEA http://isis.rfea.es/sirfea2/rfea.asp pechándose as mesmas o 26 de novembro ás 20:00 h. Aqueles atletas que por ser independentes ou estranxeiros non teñan acceso ao sistema, poderán enviar un correo electrónico a: comesana@comesana.org ou ben por correo ordinario a Comesaña Sporting Club, Pedreira, nº 21 San Andrés de Comesaña, 36213 Vigo. Estas inscricións farán constar: Nome do club (se non é independente), nome e apelidos, ano de nacemento, sexo e número de licencia federativa, pechándose a inscrición por este sistema o día 24 de novembro.

Premios e trofeos

Ás 12:15, farase a entrega dos premios das catro primeiras probas. O resto de trofeos entregaranse ao finalizar todas as probas. Nas carreiras promesa/sénior de ámbolos dous sexos, outorgaranse premios en metálico e trofeos (alomenos) a os cinco primeiros clasificados, os premios en metálico serán para o 1º clasficado 400 €, 2º-250 €, 3º-125 €, 4º-75 € e 50 € para o quinto clasificado. No resto dás categorías entregaranse trofeos (alomenos) a os catro primeiros clasificados (punto 7º do regulamento). Haberá trofeo para o club gañador de cada carreira.

Como localizar e chegar o circuíto 

Mapa de localización do circuíto

Vista do acceso ó circuíto con Street View

Para os que veñen dende fora de Vigo, poden acceder pola  circunvalación  VG-20 e tomar a saída 4 (ver imaxe da saída 4).

Coordenadas GPS: Long. 8,7655 W, Lat. 42,2020 N

Dirección para navegador: Avd. de Ricardo Mella, 101-105

Localización en Google Eart, colocar no cadro de búsqueda do Google Eart o texto: 42,2025 -8,7666

Tríptico informativo en formato pdf.

Cartel do evento.

Regulamento completo da proba

  1. O Comesaña Sporting Club, có patrocinio do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, e coa autorización da Federación Galega de Atletismo, organiza en Vigo, o próximo 29 de novembro o “37º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” en San Andrés de Comesaña, “Molinos” á beira do campo de balompé “A Xunqueira”. As categorías Cadetes e menores serán así mesmo “Fase zonal do Deporte en Idade Escolar”, clasificatoria para os Campionatos Provinciais do Programa Xogade da Xunta de Galicia.

       (Este é un evento exclusivamente para atletas federados nados no 2.000 ou antes)

  1. O control e dirección das carreiras estará a cargo da Federación Galega de Atletismo.
  2. O horario de saída das carreiras (metraxe aproximado) será o seguinte:
Hora Categoría Ano nacemento Distan. Percorrido  (cir. = circuíto)
10:15 Xuvenil e Júnior Masculina 2.000/99 e 1.998/97 4.710 m. 3 voltas o circuíto nº 4
10:40 Xuvenil e Júnior Feminina 2.000/99 e 1.998/97 3.460 m. 1 cir. nº 4 + 1 circuíto completo
11:00 Promesa e Sénior Masculina 1.996/95/94 e 93 ou antes 8.565m. 1 cir. nº 3 + 4 circuítos completos
11:45 Promesa e Sénior Feminina 1.996/95/94 e 93 ou antes 6.227 m. 1 cir. nº 1 + 3 circuítos completos 
12:15 Cadete Masculina 2.001 e 2.002 3.460 m. 1 cir. nº 4 + 1 circuíto completo
12:35 Cadete Feminina 2.001 e 2.002 1.590 m. 1 volta ó circuíto nº 4
12:50 Infantil Masculina 2.003 e 2.004 1.590 m. 1 volta ó circuíto nº 4
13:05 Infantil Feminina 2.003 e 2.004 1.085 m. 1 volta ó circuíto nº 3
13:15 Alevín Masculina 2.005 e 2.006 1.085 m. 1 volta ó circuíto nº 3
13:25 Alevín Feminina 2.005 e 2.006 883 m. 1 volta ó circuíto nº 2
13:35 Benxamín Masculina 2.007 e 2.008 617 m. 1 volta ó circuíto nº 1
13:42 Benxamín Feminina 2.007 e 2.008 617 m. 1 volta ó circuíto nº 1
  1. As inscricións, ao ser un evento federado, farase polo sistema informático da intranet da RFEA http://isis.rfea.es/sirfea2/rfea.asp pechándose as mesmas o 26 de novembro ás 20:00 h. Aqueles atletas que por ser independentes ou estranxeiros non teñan acceso ao sistema, poderán enviar un correo electrónico a: comesana@comesana.org ou ben por correo ordinario a Comesaña Sporting Club, Pedreira, nº 21 San Andrés de Comesaña, 36213 Vigo. Estas inscricións farán constar: Nome do club (se non é independente), nome e apelidos, ano de nacemento, sexo e número de licencia federativa, pechándose a inscrición por este sistema o día 24 de novembro.
  2. Nestas competicións non poderán participar nin atletas españois con axuda económica da RFEAnin atletas estranxeiros que terían realizado, durante a presente tempada ou nas 2 anteriores, unha marca dun valor superior ou igual aos 900 puntos por táboa IAAF vixente (como se detalla no artigo 3.4 do regulamento das competicións da RFEA), salvo permiso expreso concedido. Esta regra non é aplicable para atletas (españois e estranxeiros) con licenza dilixenciada pola Federación Galega de Atletismo

Nota: A organización non está de acordo con esta norma federativa, si ben, e mentres estea en vigor acátaa e velará polo seu cumprimento.

  1. Todos os atletas participantes (estranxeiros incluídos) deberán ter dilixenciadas as súas licencias federativas para a tempada 2015/2016. Os cadetes e menores alomenos deberán estar dados de alta en “cross”, do Programa Xogade da Xunta de Galicia.
  1. En todas as carreiras haberá unha clasificación por clubs, establecéndose esta coa suma dos postos ocupados polos catro primeiros atletas dun mesmo club en cada carreira (postos reais, sen eliminar os atletas que non puntúen por ningún club, por ser independentes ou por competir o seu con menos de 4 atletas). En caso de empate este resolverase en favor do club co 4º atleta mellor clasificado. Realizaranse clasificacións individuais absolutas (dos anos de 1.993 ou antes, considéranse a tódolos efectos coma Sénior) ademais de para as categorías: Promesa, Júnior, Xuvenil, Cadete, Infantil e Alevín e Benxamín de ámbolos dous sexos.
  2. Serán gañadores do 37º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través a primeira atleta clasificada da carreira promesa-sénior feminina e o primeiro atleta clasificado da carreira promesa-sénior masculina.
  3. Outorgaranse premios en metálico e trofeos (alomenos) a os cinco primeiros clasificados nas carreiras promesa/sénior de ámbolos dous sexos; 1º clasificado/a  400 €, 2º clasificado/a  250 €, 3º clasificado/a  125 €, 4º clasificado/a    75 €, 5º clasificado/a    50 € Outorgaranse trofeos aos primeiros nas categorías: Promesa, Júnior, Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín. Tamén haberá un trofeo para o club gañador de cada carreira.
  4. Os participantes correrán cos gastos de desprazamento.
  5. Tódolos dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar (de habela) a publicidade impresa.
  6. Tódolos corredores (en tódalas carreiras) deberán pasar pola cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comezo das súas carreiras.
  7. As reclamacións sobre a competición deberán ser presentadas verbalmente o Xuíz Árbitro ata 30 minutos despois da publicación dos resultados.
  8. Tódolos atletas estarán cubertos polo seguro de responsabilidade civil de acordo á regulamentación vixente.
  9. O non previsto neste Regulamento resolverase de acordo cos Regulamentos da FGA, RFEA e o Internacional da IAAF neste orde.
  10. O feito de inscribirse no 37º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través, implica a total aceptación do preceptuado no presente regulamento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.