Monthly Archives: junio 2009

Patricia M. Pereira, Manuel Ángel Penas e Soledad Castro, gañadores

O domingo , en bautizo de estío, celebrouse o primeiro «Medio Maratón Cidade de A Coruña” e o Campionato Galego. O asfalto, a calor e os quilómetros confabuláronse para recibir aos centos de participantes, que decidiron completar un circuíto de 3 voltas en percorrido urbano pola cidade da Coruña..   
Fronte a confabulación, auga: suor polos corpos botellas que van de man en man por amortecer os síntomas de sol, chorros agradecidos enfriando o esforzo, ansia por chegar a ese punto quilométrico onde refrescar os labios pegañentos, meta de auga final…En desafío unha onda de zapatillas en movemento: paso adiante, paso atrás, ao lado , ao unísono, en descompás, pasos grandes e máis pequenos , que se van trazando en dinamismo brancomulticolor..os quilómetros van tragándose mentres os raios de sol absorben coma ladróns a vontade e as forzas.
 Dous homes ao son do disparo colocáronse ao fronte da carreira, e así continuaron até a final, Jesús de la Fuente,(Aseficán Piélagos) sempre un chisco por diante e Manuel Ángel Penas (Puma Chapin Jerez) non deron opción ao seu perseguidor Daniel Bargiela (C.A. Corredoiras de Bueu). A estratexia de meta, valeulle a “Lolo” acadar o campionato Galego de Medio maratón e proclamarse vencedor da carreira en 1h06’29«, segundo sería “Suso” en 1h06’57«, e terceiro Daniel Bargiela. Coincidindo así podio de campionato e de proba popular.Polo carto posto houbo forte loita hasta a metade da carreira para pouco a pouco impoñerse David Rodrígez, (Ourense Academia Postal) 1h09’27«, no posto 18 chegaba noso atleta Víctor Álvarez nun tempo de 1h16’56«.
 Na proba feminina as cousas aconteceron de xeito distinto: houbo un grupo sempre ao fronte comandado por María J. Gestido, (Playas de Jandía) con ela Patricia M. Pereira,(Comesaña S. C.) María Jesús Valiño,(Ría Ferrol-Concepción Arenal) e aos poucos foise achegando tamén Soledad Castro (Comesaña S. C.).

Cos quilómetros acudiu o cansanzo e «Chus» foi a primiera en sentilo; a altura do quilómetro 12, marcáronse distancias, quedando María J., seguida de Patricia e máis atrás «Sole«. Pero seica nada está sentenciado até que se atravesa a meta, e sorpresivamente, a primiera colóscase terceira, algún problema acaeceu; entón os postos reviráronse a favor de Patricia, que gañaría a proba en 1h19’10, e Sole, 2º e campiona galega en 1h19’54«; en contra de María J. que de sempre perseguida acabou perseguidora e co 3º posto, subcampiona galegaen 1h20’24. Misterios do atletismo, cousas dos corpos. Este é o noveno campionato de media para Sole e un octavo consecutivo, completando poido con María Jesús e «Chus» Valiño (1h23’51«) Patricia Mendes Periera ao ser portuguesa non optaría ao campionato galego, pero sí puntuou para que o Comesaña Sporting Club acadase o 1º posto por equipos, tamen participou Amalia Dopazo que acompañou a sua nai.

Asfalto, calor e auga, o silencio cansado despois dos ánimos e o esforzo… os sorrisos resecos de sol en raia de meta…Aconteceu na «Medio Maratón Cidade da Coruña» nunha mañá de inauguración estival e bautizo de carreira.

Resultados:   Medio Maratón

O Comesaña Sporting Club, veteranas nacionales de «Prata»

O sábado 20 do 6 foi día veterano en equipos, porque en Ourense celebrábase o Campionato de España Veterano de Clubes. O Comesaña Sporting Club quixo estar presente, e 7 arriscadas mulleres decidiron apostar polas súas posibilidades conxuntas. E responderon ás expectativas iniciais, achegando un novo podio nacional para o club; acadaron a «prata» tras competir en probas do máis inesperado nelas: quérese decir que cadaquén tiña unha encomenda que cumprir sen incovenientes nin reparos de distancias ou especialidades individuais. Significou esta participación a oportunidade de compartir intereses comúns e a emoción de sentir como a competición ás veces repercute e vai máis alá da individualidade e serve para sumarse a un proxecto de equipo.
 O primeiro posto correspondeu ás catalanas do Club Atletismo Manresa. Os resultados das distintas probas e actuaccións foron: María Jesús Sanguos, 1º nos 200m. con 29”20(91,03%), que supuxo a marca de máis valor do total das participantes, só superada  por un home,;M. Soledad Castro, 1º nos 1500m ,con 5`09”66(83,01%); Ana María Santos, 2º nos 100m con 16”14 (75,15%; Mercedes Gómez, 3º nos 800m. con 2`32”09 (75,19%); Olga Romero, 3º en salto de lonxitude con 3,18m (59,77%); Milagros Gómez 4º en lanzamento de peso con 7,47m (42,49%); Montserrat Carreira , 5º en 400m con 1`01” 66 (69,01%). No  4x 100 participaron Montse, Merche, Ana e Chus, acadando o 2º posto con 1,01” 66.
 Noraboa a todos estes desinteresados  nomes que deron nome a un Equipo, esperemos que estas 7 magnificas volvan repetir actuación para protagonizar unha nova fazaña digna de veterana película .
Resultados:  Veteranos Club

Sandra Mosquera acada mínima europea Júnior en Bilbao

    Na tarde do sábado 20 celebrouse en Bilbao a “Reunión Internacional Villa de Bilbao”. Dúas atletas do Comesaña Sporting Club viaxaron até alá por competir no 1500m; Sandra Mosquera e Marta Fernández. Aínda que os obxectivos e motivos de participación eran distintos, ámbalas dúas regresaron con resultados positivos e gratificantes.
   Sanndra Mosquera acadou marca persoal, e mínima para o Campionato de Europa Júnior que se disputará en Novi-Sad (Serbia) do 23 ao 26 de xullo. Parou o crono en 4`27”75, o que lle supuxo superar os 4`32”91 anteriores e afacerse cunha mínima que esixía 4`30”0. Marta Fernández realizou a súa mellor marca das dúas últimas temporadas, cun tempo de 4`32”21. Ás máis  das veces a resposta a un traballo constante e ben cumprido sempre acaece por algures; desta vez foi en Bilbao porque así o quixeron estas dúas atletas movidas e ilusionadas pola confianza e as posibilidades…e porque así o estimou a súa adestradora.
 Houbo máis representación de atletas galegos nesta  reunión cos seguintes resultados: en el 1.500 m. l. 3ª Solange Andreia Pereira, con 4’23″31 e Gustavo Platas 13º con 3’49″20; en  3.000 m.Obst. Iván A. Pousa 12ª con 9’02″05; en 5.000 m.l. Manuel Hurtado 25º con 14’29″00;  en Lanz. de Disco 4º Víctor Gallego con 49,19 m. e  8º David Corral, con 38,55 m; en lanzamento de xavelina Ángeles Filgueira foi 6ª con 40.19m
 Esperamos que os resultados fosen proveitosos e que a superación continúe.
(Solange non é galega pero habita entre nos).

Campeonato de España de Clubes de Veteranos

El próximo día 20 en Ourense, se celebrara el campeonato de España de Clubes de Veteranos, en ambos géneros, masculino y femenino, para el cual se clasifican por estadillo de marcas a razón de un atleta por prueba, los 8 clubes de España que mejor puntuación alcancen en ambos géneros.
 
El Comesaña en las féminas, está en esta clasificación por estadillo en segundo lugar, las pruebas son las siguientes; 100, 200, 400, 800, 1500 m.l., Salto de Longitud y Lanzamiento de Peso. 
Este segundo puesto implica que nuestras “siete magnificas” se sentirán “obligadas” a conseguir subir al podio en esta su primera participación en un campeonato de clubes de este tipo, las siete que intentaran la hazaña son :
Soledad Castro, “Chus” Sanguos, Montserrat Carreira, Ana Santos, Olga Romero, “Mila” Gómez, y  “Merchi” Gómez,
los equipos para estos campeonatos son los siguientes:
 
Estadillos
Una vez concluido el plazo de presentación de estadillos se han clasificado los siguientes:
HOMBRES
1 C. A. Manresa 980,22
2 Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz 978,68  (1º de 2008)
3 Siurell Bellver 961,89
4 Pozuelo Madrid Mapoma 931,21
5 ADAS 930,77
6 Canguro A. A. C. 930,37
7 C. A. I. Malagueño 919,43
8 Ourense At. Academia Postal 679,73 Organizador
 MUJERES
1 C. A. Manresa 526,29
2 Comesaña S. C. 495,55
3 Lynze Parla 485,45
4 Atletica a Silva 402,11
5 Ourense At. Academia Postal 372,29 (Organizador)
6 Barcelona At. 314,69  (Pendiente de más pruebas)
7 Pozuelo Madrid Mapoma 294,67  (Pendiente de más pruebas).